|
A
Química das Disolucións Acuosas
é unha materia cuadrimestral de 7,5 créditos, 6 de aula e 1,5 de prácticas.
Polo tanto, pódense distinguir tres bloques ben diferenciados: teoría,
seminarios e prácticas.
A avaliación terá en conta:
1º.- Labor de Seminario:
Avaliarase positivamente a participación do alumno nas clases de problemas.
2º.- Resultados dos tres exames
optativos parciais. Estes exames consistirán en:
-problemas: para a súa
resolución en ningún caso haberá que memorizar fórmulas, sino que o alumno
deberá ser capaz de deducilas. Ó comezo de cada tema repartirase ós alumnos
un guión do mesmo coas fórmulas mais importantes. Dito guión poderá ser
levado ó exame.
-teoría: serán cuestións
breves que demostren o dominio de conceptos e a capacidade de razoamento.
A realización do exame parcial é optativa,
si ben, cando o alumno se presenta a dous parciais e non se presenta ó final,
obterá a cualificación de suspenso
(non de non presentado) nas actas
correspondentes. É dicir, presentarse ós
dous primeiros parciais consume unha convocatoria.
A materia do exame será explicada en clase. Debe terse en conta que,
dado o carácter unitario e complementario da materia, os problemas dun parcial
poden ter relación mais ou menos directa cós do parcial anterior. Datas
de exames:
O exame final realizarase na data proposta polo Decanato e aprobada en Xunta de
Facultade. Os primeiro e segundo exames
parciais realizaranse nunha data a convir entre os alumnos e o profesor da
materia . O terceiro exame parcial farase o mesmo día có exame final, de modo
que os alumnos que superaran algún parcial
non terán que examinarse da materia
dos mesmos.
3º.- Labor de Prácticas
de laboratorio: a nota obtida nas prácticas
de laboratorio será tida en conta na cualificación global. É obrigatoria a
asistencia a prácticas dos alumnos matriculados na materia por primeira vez. A
asistencia a prácticas dos alumnos en 2ª ou maior convocatoria é opcional.
Para poder aprobar a materia e requisito imprescindible obter a cualificación
de Apto nas prácticas de
laboratorio. A avaliación do labor de prácticas consistirá en dúas partes:
laboratorio e memoria de prácticas. Se un alumno supera as dúas probas de prácticas,e non supera o
exame final, "gárdaselle" o aprobado en prácticas hasta que aprobe a
materia. Asemade, se un alumno suspende as probas de prácticas e aproba os
exames, "gardaráselle" o aprobado en teoría e problemas, e deberá
repetir as prácticas no curso seguinte. Soamente obterá o aprobado unha vez
supere a materia completa.
Cualificación final:
Para aprobar o curso son requisitos indispensables:
1- Obter a cualificación de Apto nas prácticas de laboratorio.
2- Aprobar os tres exames parciais, ou no seu lugar, o exame final.
No caso de que un alumno queira intentar subir a nota poderá presentarse
ó final ca materia dos parciais, aínda estando estes aprobados. Titorías:
martes e mércores de 16 a 19
horas, no
despacho nº 25 2º andar sector E.. |